Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMT, CT Quintela.
Situación: Moaña.
Descricións técnicas:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) de 503 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación (CT) proxectado e final no CT avenida Marín, número 12 (36CGW5).
– LMTS a 20 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) de 498 metros de lonxitude, coa orixe na arqueta existente fronte ao CT avenida Marín, número 12 (36CGW5), e final no CT proxectado.
– Centro de transformación compacto manobra exterior 2L+1P telecontrolado de 250 kVA, con relación 20.000/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36029A062003560000IY e alimentado pola liña de media tensión CII810 procedente da subestación Cangas II.
A instalación está situada no lugar de Quintela, na parroquia de San Martiño, no concello de Moaña (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 19 de maio de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2026/096-4.
Denominación: LMT, CT Quintela.
Concello: Moaña.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
CT (m²) |
ml sub. |
m² sub. |
|||||
|
1 |
Lg. Quintela. San Martiño. Moaña |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío |
36029A062003560000IY |
Nieves Prada Pina María Prada Pina |
25,57 |
- |
- |
