DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 20 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2026/004-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Soterramento da LMT VLG804 entre os apoios 9RNT1EQX//35 e 9ROUWMO//38.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas:

– Substitución do apoio 9RNT1EQX//35 por un de celosía metálica C-4500/14 con cruceta H-35, no cal se instala un reconectador telecontrolado.

– Retirada dos apoios 9ROQG0UD//36, 9ROVO43D//37, 9ROUWMO//38 e dos 425 metros de condutor LA-110 que descorren entre eses apoios.

– Retensado da liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV con condutor tipo LA 110 de 103 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente con matrícula 9RNCJNPA//34, sito na parcela con referencia catastral 36051A047006660000FG, e final no apoio proxectado C-4500/14.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 712 metros de lonxitude, coa orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-4500/14 e final no punto de acceso á rede proxectada na beirarrúa.

– As instalacións eléctricas están situadas na avenida da Fontoira e na rúa do Vento, no concello de Sanxenxo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 20 de maio de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2026/004-4.

Denominación: Soterramento da LMT VLG804 entre os apoios 9RNT1EQX//35 e 9ROUWMO//38.

Concello: Sanxenxo.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

Apoio

ml sub.

m² sub.

1

Campos da Lagoa. Sanxenxo

Rústico. Agrario

36051A047006760000FO

Cecosa Hipermercados, S.L.

1

2,0

4,1

12,4