DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución no concello de Cambre (expediente IN627A 2026/001-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Solicitante: Nedgia, S.A., con CIF A66560152.

Proxecto: proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede AO DN 4” e nova acometida AO DN 2” de gas natural á industria Profand Cambre, S.L.U. en MOP 16 bares, no termo municipal de Cambre (A Coruña).

Obxecto da petición: as instalacións atópanse no Polígono Industrial Espírito Santo, no concello de Cambre, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Rede de gas natural en Aceiro 4” en MOP 16 bares de lonxitude 164 metros, cuxa conexión inicial será a rede existente RAA-I015.1 en aceiro DN 4” MOP 16 bares, no termo municipal de Cambre (A Coruña).

– Acometida de gas natural en aceiro DN 2” en MOP 16 bares de lonxitude 8 metros cuxa conexión inicial será a rede descrita anteriormente e cuxo fin será a industria Profand Cambre, S.L.U., no termo municipal de Cambre (A Coruña).

– Instalacións auxiliares:

• 1 válvula de acometida de DN 2”.

• 1 válvula de seccionamento DN 4”.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou no teléfono 981 18 49 02.

Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 4 de xuño de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña