DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35698

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público de 2024.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 656/2024, do 2 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024, realiza a convocatoria para cubrir a seguinte praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, polo procedemento de concurso-oposición:

– Unha praza de técnico ou técnica da oficina da Secretaría Xeral (GII BII N8).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es na páxina web do OP Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) para a presentación de solicitudes.

Vigo, 12 de xuño de 2026

Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo