De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, notifícanse, por medio deste anuncio no DOG , aos interesados que resultan descoñecidos, non se coñece o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación persoal, non se puido efectuar, as resolucións dos procedementos que se citan a seguir:
|
Nº de exp. |
Enderezo |
Parcela |
Propietarios |
|
5258/2025 |
Descoñecida |
27065A092005230000FZ |
Descoñecido |
|
5722/2024 |
Campelas, nº 70, Rioaveso 27818 Vilalba, Lugo |
27065A118003170000MK |
Hdos. José Cesáreo Seoane Amado |
|
726/2025 |
Descoñecida |
27065C008007170000WZ |
Gasolimarpa, S.L. |
|
2658/2026 |
Descoñecida |
27065A170006210000MB |
Descoñecido |
Requírense os propietarios para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, efectúen a xestión da biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e cos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
No caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Todo isto sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
O texto íntegro do documento e resto de trámites do expediente poderán consultarse, por comparecencia da persoa interesada, no departamento da Secretaría do Concello de Vilalba para o seu coñecemento.
Vilalba, 1 de xuño de 2026
Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa
