Convocada pola Resolución LD 2/2026, do 9 de abril (DOG núm. 71, do 17 de abril), a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de coordinador/a de servizo de atención primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de servizo de atención primaria), anunciado pola Resolución LD 2/2026, do 9 de abril (DOG núm. 71, do 17 de abril).
Segundo. Nomear, nos postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.
Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Vigo, 15 de xuño de 2026
Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo
ANEXO
Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria da Guarda.
Nome e apelidos: María Trinidad Ramos González.
DNI: ***7233**.
Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria de Tui.
Nome e apelidos: Goretti Fernández Magán.
DNI: ***6254**.
