Esta resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 13 de xuño de 2018 (DOG núm. 120, do 25 de xuño), nomeouse persoal funcionario de carreira do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013, en execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015.
De conformidade co disposto na epígrafe primeira desta orde, a adxudicación de postos de traballo ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo tivo un carácter provisional.
Advertida a necesidade de convocar para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso antes referido, cómpre modificar o anexo I da Resolución do 15 de xuño de 2026 (DOG núm. 114, do 19 de xuño) pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos; escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas e museos; no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, bibliotecas e museos; escala técnica de restauración, especialidade en bens artísticos e arqueolóxicos; no corpo de técnicos de carácter facultativo, subgrupo C1, escala técnica de delineantes, e no corpo auxiliar, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades arquivos e bibliotecas, convocados polas resolucións do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), na epígrafe referida á escala técnica de delineantes.
Igualmente, co fin de garantir que todas as persoas aspirantes nos procesos selectivos convocados para o ingreso no subgrupo C1, escala de delineantes, poidan obter unha praza correspondente ao seu subgrupo, cómpre engadir cinco novas prazas ás xa publicadas.
Por todo iso, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Modificar o anexo I da Resolución do 15 de xuño de 2026 (DOG núm. 114, do 19 de xuño), na epígrafe referida á escala técnica de delineantes (subgrupo C1).
Segundo. Engadir prazas ao anexo II da Resolución do 15 de xuño de 2026 (DOG núm. 114, do 19 de xuño), na epígrafe referida á escala técnica de delineantes (subgrupo C1).
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
|
Nº de orde elección destino |
Nº de orde proceso selectivo |
NIF |
Apelidos e nome |
Convocatoria |
Acceso |
|
1 |
1 |
***7534** |
Nogueiro Sotelo, Ana María |
2013-Oposición |
Libre |
|
2 |
2 |
***6256** |
Sánchez Valiño, Iván |
2013-Oposición |
Libre |
|
3 |
3 |
***2326** |
Cruz Raña, Sandra |
2013-Oposición |
Libre |
|
4 |
4 |
***6351** |
Aguiar Paz, Ana María |
2013-Oposición |
Libre |
|
5 |
5 |
***3595** |
García Souto, Beatriz |
2013-Oposición |
Libre |
|
6 |
1 |
***5447** |
Comesaña Alonso, Carmen |
2022-Concurso |
Acceso libre |
|
7 |
2 |
***7340** |
Rey Rico, María del Mar |
2022-Concurso |
Acceso libre |
|
8 |
3 |
***9829** |
Míguez Varela, Mónica |
2022-Concurso |
Acceso libre |
|
9 |
4 |
***0744** |
Mesías Díaz, Ana María |
2022-Concurso |
Acceso libre |
|
10 |
5 |
***3596** |
López Suárez, Margarita |
2022-Concurso |
Acceso libre |
|
11 |
6 |
***1365** |
Rivas Iglesias, María del Carmen |
2022-Concurso |
Acceso libre |
ANEXO II (engadido)
Prazas ofertadas
Escala delineantes (subgrupo C1)
|
Nº |
Código |
Nome |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
|
7 |
MRC060000115770015 |
Xefatura Negociado de Delineación |
MR |
S. X. de Infraestruturas Agrarias |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural |
Santiago de Compostela |
C1 |
18 |
|
8 |
IVK100000115770054 |
Xefatura Negociado de Delineación |
IV |
S. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística |
Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección |
Santiago de Compostela |
C1 |
18 |
|
9 |
IVA191000015001030 |
Xefatura Negociado de Delineación I |
IV |
Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas |
Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos) |
A Coruña |
C1 |
18 |
|
10 |
IVA191000036001014 |
Xefatura Negociado de Delineación I |
IV |
Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas |
Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos) |
Pontevedra |
C1 |
18 |
|
11 |
MRC991040132001060 |
Xefatura Negociado de Delineación |
MR |
Servizo de Infraestruturas Agrarias (Ourense) |
Servizos periféricos |
Ourense |
C1 |
18 |
