DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 23 de xuño de 2026 Páx. 36195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 5 de xuño de 2026, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación do 13 de maio de 2026 (expediente sancionador LU-S-19/2026).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase á persoa interesada que se menciona no anexo a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Dado que este acto non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición da persoa interesada, co resto do expediente, nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo (rolda da Muralla, 70), no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Neste mesmo acto designouse instrutora do expediente a Ana Aurora Otero Fugarolas. As persoas interesadas poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución deste procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da citada axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), en relación co disposto no artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano a partir da data deste acordo.

A persoa interesada disporá dun prazo de dez días, segundo o establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar ante a instrutora do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non presentar alegacións no prazo establecido, se considerará este acordo como proposta de resolución, de conformidade co disposto no artigo 64.1 da dita lei.

Lugo, 5 de xuño de 2026

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-19/2026.

Persoa denunciada: 33348253R.

Establecemento: Bar Época.

Enderezo: praza da Paz.

Localidade: Chantada.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.g) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Cualificación: leve.

Iniciación: 13 de maio de 2026.

Sanción: apercibimento.