En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: Adecuación do CT Mira do Río-32C955.
Situación: lugar de Mira do Río, concello de Coles.
Características principais recollidas no proxecto:
• Desmonte do tramo de LMTA VLL810 entre o apoio núm. D42-18-4 e o centro de transformación Mira do Río-32C955, que tamén se desmonta.
• Colocación dun novo apoio (núm. D42-18-4-1-CT), de celosía metálica, do tipo C-14/3000, en que se instala un novo centro de transformación á intemperie con transformador de 50 kVA e R/T: 20.000/400 V.
• LMTA, a 20 kV, de 61 m de lonxitude, en condutor LA-56, coa orixe no apoio núm. D42-18-4 da LMT VLL810 e a final no novo apoio núm. D42-18-4-1-CT.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 6.5.2026.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez núm. 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 1 de xuño de 2026
A directora territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
Mercedes Rodríguez Iglesias
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2024/064-3.
Situación: lugar de Mira do Río, concello de Coles.
Denominación: Adecuación do CT Mira do Río-32C955.
Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32027A021001990000OE.
Lugar: As Covelas.
Cultivo: monte baixo.
Titular: descoñecido.
Afeccións: ocupación de 13 m2 de servidume de paso.
