DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 23 de xuño de 2026 Páx. 36100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 1 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello da Peroxa (expediente IN407A 2026/063-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Substitución do CT Os Peares-32C905.

Situación: lugar dos Peares, concello da Peroxa.

Características principais recollidas no proxecto:

• Desmonte do tramo de LMTA existente entre o apoio núm. D16 e o centro de transformación CT Os Peares-32C905, que tamén se desmonta.

• Novo centro de transformación de tipo prefabricado, compacto, en superficie, de manobra exterior, con envolvente de formigón 2L+1P e con transformador de 250 kVA e R/T 20.000/400 V.

• LMTS de alimentación ao novo centro de transformación, a 20 kV, de 29 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al), con orixe no paso A/S que se vai realizar no apoio núm. D15 da LMT PRS801 e final no centro de transformación indicado.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 6.5.2026.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez núm. 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 1 de xuño de 2026

A directora territorial de Ourense
Por S.L. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
Mercedes Rodríguez Iglesias
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2024/063-3.

Situación: lugar dos Peares, concello da Peroxa.

Denominación: Substitución do CT Os Peares-32C905.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32060A042001130000QG.

Lugar: Eido do Cemiterio.

Cultivo: monte baixo.

Titular: Julia Vázquez Tourón.

Afeccións: ocupación de 17 m2 para o CT e de 21 m2 de canalización soterrada.