DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 23 de xuño de 2026 Páx. 36103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Catoira (expediente IN407A 2025/200-4).

Expediente: IN407A 2025/200-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Substitución do apoio D40 da LMT VAR806 e desmontaxe CTI 36AAX0.

Concello: Catoira.

Feitos:

1. O 30.9.2025, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada Substitución do apoio D40 da LMT VAR806 e desmontaxe CTI 36AAX0.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Victoriano González Lemos, colexiado 2980 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e contén un orzamento total de 36.686,41 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a modificación das liñas de media tensión aérea (LMTA) dobre circuíto VAR806 Catoira I-Carril-Coxeración Bamipal 6 e VARR808B Catoira II 8 e da retirada do CTI Mirador Abalo-36AAX0, a fin de dar cumprimento das distancias verticais regulamentarias.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Catoira, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Demarcación de Costas do Estado, o Instituto de Estudos do Territorio, o Servizo do Litoral e o Servizo de Montes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Servizo do Litoral.

O Servizo de Montes emitiu un informe favorable; porén, manifestou a necesidade de dar trámite de audiencia á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Abalo.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. O 1.12.2025, seguindo as instrucións do Servizo de Montes, este departamento territorial deu trámite de audiencia á CMVMC de Abalo. Durante este trámite non se presentaron alegacións.

4. O 20.1.2026, os servizos técnicos deste departamento territorial emitiron un informe favorable ás autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica Substitución do apoio D40 da LMT VAR806 e desmontaxe CTI 36AAX0.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Substitución do apoio 9VIW0TKD//D40 da LMTA dobre circuíto VAR806 por un apoio metálico de celosía C-7000/22.

– Retensado do condutor LA-110 do van, de 327 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio proxectado e o existente 9VHR3SL3//D39.

– Substitución do condutor LA-110 da LMTA DC VAR806 Catoira I-Carril-Coxeración Bamipal 6 e VAR808B Catoira II 8 dobre circuíto a 20 kV, do van de 289 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-7000/22 e final no apoio existente 9VJTFG0U//D41.

– Substitución do condutor LA-56 da LMTA de derivación ao centro de transformación particular (36PHG7), do van de 13 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-7000/22 e final no apoio existente 9VJTFG0U//D40 B.

– Retirada do centro de transformación intemperie Mirador Abalo (36AAX0) e da liña de derivación actual desde o apoio D-40 do circuíto VAR808B Catoira II 8.

A instalación está situada na parroquia de Abalo, no concello de Catoira (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Substitución do apoio D40 da LMT VAR806 e desmontaxe CTI 36AAX0 (expediente IN407A 2025/200-4).

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:

1. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.

2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

3. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. En todo caso, terase en conta o disposto no Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), para o desmantelamento proxectado.

5. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 18 de maio de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra