Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CES705 substitución de apoios AMLI9QPU//69-7 e AMIWOXJU//69-8, no concello de Oza Cesuras (expediente IN407A 2024/171-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre os bens afectados por si ou representada por unha persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 8 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/171-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA CES705 substitución de apoios AMLI9QPU//69-7 e AMIWOXJU//69-8.
Concello: Oza Cesuras.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
Pombal |
150026A007002570000QI |
Josefa Erias Núñez |
22.7.2026 |
11.20 |
