En cumprimento do establecido no artigo 94.2 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral universal, que tivo lugar o día 1 de xuño de 2026, se acordou por unanimidade a liquidación de Seetval, S. Coop. Galega Xuvenil, con NIF F42858365, en liquidación, co seguinte balance final de liquidación e proxecto de distribución do activo:
|
Conta corrente con socios |
9.839,09 € |
|
Total activo |
9.839,09 € |
|
Capital social |
18.000,00 € |
|
Resultados negativos de exercicios anteriores |
-3.774,78 € |
|
Total pasivo |
9.839,09 € |
Acórdase a seguinte distribución do activo:
– O Fondo de Formación e Promoción púxose á disposición do Consello Galego de Cooperativas o 20 de maio de 2026, a través de transferencia bancaria.
– Reintegraráselles aos socios o importe das achegas ao capital social, unha vez aboados e deducidos os beneficios e as perdas de exercicios anteriores.
– O activo será adxudicado aos dous socios por partes iguais.
Ourense, 1 de xuño de 2026
Marcos García Salgado
Liquidador único de Seetval, S. Coop. Galega Xuvenil
