Dúas (2) prazas da Área de Administración e Recursos Humanos:
– Administrativo/a para a contratación, xustificación e xestión económica. Ref. ADMIN-26-CO-NRP: 6091191.
– Administrativo/a para recursos humanos. Ref. ADMIN-26-RRHH-NRP: 6091192.
Contrato laboral temporal de duración determinada, a xornada completa, por circunstancias da produción, ao abeiro dos artigos 15.1 e 15.2 do Estatuto dos traballadores. As bases do proceso selectivo para esta praza están expostas na sede do Cesga e na páxina web: https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026
José Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
