De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta de inspección |
Referencia catastral |
Localización/polígono/parcela |
Persoa responsable |
|
2.6.2026 |
36041A035007240000OT |
Rozas. Poio/polígono 35, parcela 724 |
En investigación |
|
2.6.2026 |
36041A035007270000OO |
A Costa. Poio/polígono 35, parcela 727 |
En investigación |
|
2.6.2026 |
36041A035007280000OK |
A Costa. Poio/polígono 35, parcela 728 |
En investigación |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección referenciada se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionaren a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2º. No caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea, para os traballos de corta polo pé, tronza, empillado e saca mecanizada do arboredo.
|
Nº de expediente |
Referencia catastral |
ha afectadas por execución subsidiaria |
Liquidación provisional |
|
876/2018 (xMA 18/054) |
36041A035007240000OT |
1,4297 |
5.069,46 |
|
876/2018 (xMA 18/054) |
36041A035007270000OO |
0,0180 |
63,82 |
|
876/2018 (xMA 18/054) |
36041A035007280000OK |
0,0249 |
88,29 |
4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
Poio, 2 de xuño de 2026
Ángel Moldes Martínez
Alcalde
