DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 23 de xuño de 2026 Páx. 35855

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2026 pola que se anuncia o acordo do Pleno de publicación de dous informes de fiscalización.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, anúnciase a aprobación e a publicación polo Pleno, con data do 4 de xuño de 2026, dos informes que a seguir se relacionan:

– Informe da auditoría dos controis básicos de ciberseguridade do Concello de Pontevedra [1702024-09].

– Informe de fiscalización da provisión dos postos de intervención e secretaría-intervención e a cobertura das súas funcións. Exercicio de 2023 [1702023-09].

Ligazón para acceder ao texto completo dos informes:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia