DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 23 de xuño de 2026 Páx. 35856

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que acorda a inclusión da Asociación Párkinson Vigo no Consello Asesor de Pacientes desta área sanitaria.

De acordo coa Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regulan a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, publicada o día 31 de outubro de 2018 no Diario Oficial de Galicia,

ACÓRDASE:

Primeiro. Anunciar a incorporación da Asociación Párkinson Vigo ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Vigo.

Vigo, 12 de xuño de 2026

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo