De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador RITGA-E-2026-001969, xa que, intentada polo medio habitual, non se puido efectuar.
Neste mesmo acto designouse instrutora do expediente a Miriam García Otero. O interesado pode promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A resolución deste expediente sancionador, en materia de turismo, correspóndelle ao xefe da Área Provincial de Pontevedra da Axencia de Turismo de Galicia, segundo se dispón no artigo 26 dos estatutos da dita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), en relación co artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución deste procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.
O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, conforme o establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar ante o instrutor do procedemento, para a súa incorporación a el, alegacións, documentos e informacións que xulgue convenientes e, se é o caso, propoñer que se efectúen os medios de proba de que se pretenda valer; advírteselle que, de non formular alegacións no prazo indicado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.
De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, a persoa imputada é informada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).
Pontevedra, 8 de xuño de 2026
Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
ANEXO
Expediente: RITGA-E-2026-001969.
Titular sancionado: Pedro Comesaña Trigo.
Establecemento: Pedro Comesaña I.
Domicilio: Poboadores, 10, baixo.
Localidade: Vigo.
Incoación: 2 de marzo de 2026.
Preceptos infrinxidos: artigo 35 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e artigo 10 do Decreto 148/2013, do 12 de setembro, polo que se regulan o libro de visitas da inspección turística e as follas de reclamación de turismo.
Sanción proposta: 250,00 euros.
