DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 25 de xuño de 2026 Páx. 36500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 8 de xuño de 2026, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 19 de maio de 2026 da baixa do establecemento indicado no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante a Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 8 de xuño de 2026

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento

Signatura

Razón social

Domicilio

Concello

Piso Mondariz Balneario

VUT-PO-002711

José Ramón Juan Ruiz de Ocenda Barrio

Praza Fundadores, 32, 1º

Mondariz Balneario