Mediante a Resolución do 21 de maio de 2026 (DOG núm. 99, do 29 de maio) publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de xerocultor ou xerocultora, e do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servicios xerais (PSX).
Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),
RESOLVE:
Aprobar a relación definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor ou xerocultora, e do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servicios xerais (PSX).
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de «Concurso de traslados».
A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.
As respostas ás reclamacións poderanse consultar no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions co DNI e co código da reclamación formulada.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente no prazo de dous meses contados dende a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Causa/s da exclusión |
|
Carballo |
Pérez |
Javier |
***2924** |
4 |
|
Costa |
Camino |
Isabel |
***0932** |
4, 12 |
|
Negreira |
Rodríguez |
Ana Rosa |
***6442** |
13, 118 |
|
Peña |
Peña |
María Begoña |
***7777** |
12 |
Relación das causas de exclusión:
|
Código da causa |
Causa de exclusión |
|
4 |
Falta o nomeamento para a escala desde a que concursa. |
|
12 |
Corpo-escala ou especialidade, relación de servizo ou tipo de administración non se corresponde cos do concurso. |
|
13 |
Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo. |
|
118 |
Non posúe dous anos na categoría profesional equivalente á escala/especialidade de funcionarización. |
