DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 25 de xuño de 2026 Páx. 36392

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 31 de marzo de 2026 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, concurso convocado pola Resolución do 8 de xullo de 2025.

Pola Resolución do 31 de marzo de 2026 (DOG núm. 62, do 6 de abril) publicouse a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, concurso convocado pola Resolución do 8 de xullo de 2025 (DOG núm. 135, do 16 de xullo).

Visto o recurso presentado por María José Portela Ferreira contra a dita Resolución do 31 de marzo, e no uso das competencias que ten atribuídas polo artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, esta dirección xeral

RESOLVE:

Incluír na relación definitiva de persoas admitidas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 8 de xullo de 2025 (DOG núm. 135, do 16 de xullo), a seguinte persoa:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da inclusión

***9167**

Portela Ferreira, María José

Estimación de recurso administrativo

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal