Na sesión que tivo lugar o 8 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de setembro de 2025 (DOG núm. 182, do 22 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (DOG núm. 131, do 10 de xullo),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 26 de maio de 2026 (DOG núm. 104, do 5 de xuño), este tribunal acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais.
O 5 de xuño de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requiriulle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a persoa aspirante proposta co número de orde 1, Alberto López Vázquez (***9633**), presentou a súa renuncia ao nomeamento como funcionario de carreira, decaendo nos seus dereitos respecto deste proceso selectivo.
A base II.1.2.11 da convocatoria sinala que «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas».
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, eliminando a persoa aspirante decaída, renumerando a orde de prelación e incorporando unha nova persoa aspirante, atendendo á orde das puntuacións obtidas nel, e facer pública esta relación complementaria como anexo, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
Segundo. De conformidade co disposto na base IV.2 da convocatoria, a nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo disporá dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar esta relación complementaria á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2026
Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal
ANEXO
Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: grupo AP escala 209Q.
Corpo/Categoría: agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais.
|
Núm. orde |
DNI |
Apelidos e nome |
1º exercicio |
2º exercicio |
Puntuación final |
|
7 |
***0653** |
Mariño Nogueira, Felipe |
60,30 |
Exento |
60,30 |
