DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 25 de xuño de 2026 Páx. 36387

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 12 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 7 de abril de 2026 (DOG número 67, do 13 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (DOG número 208, do 28 de outubro; corrección de erros no DOG número 222, do 17 de novembro),

ACORDA:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, en sesión que tivo lugar o 10 de xuño de 2026, desestimar a reclamación presentada, logo da súa revisión, contra unha pregunta do primeiro exercicio deste proceso selectivo realizado o 30 de maio de 2026.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 15 de maio de 2026, publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do primeiro exercicio, dado que o número de aspirantes é inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, superan o exercicio as persoas que obtivesen o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Para isto, é necesario acadar 40 respostas correctas.

O exercicio cualificouse de 0 a 60 puntos e, para superalo, foi necesario obter un mínimo de 30 puntos. Asignóuselles a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obtiveron unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas tiveron unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Unha vez realizada a corrección, acadou a puntuación mínima un total de 106 aspirantes, unha vez feitas as deducións previstas na base III.1.1.1 da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 30 de maio de 2026, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de outubro de 2025 (DOG número 208, do 28 de outubro; corrección de erros no DOG número 222, do 17 de novembro), no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da resolución da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.1.2 da resolución da convocatoria, estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 3 ou do título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG número 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG número 34, do 19 de febreiro).

O prazo de acreditación referido no parágrafo anterior será de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, e deberá tramitarse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) na epígrafe «Expediente-e: Idiomas-Galego». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais (DOG número 237, do 15 de decembro).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal publicará, no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, unha listaxe de persoas aspirantes que deben realizar a proba por falta de acreditación do coñecemento do idioma galego.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026

Mónica María Castro Pérez
Presidenta do tribunal