DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 25 de xuño de 2026 Páx. 36383

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se lles ofrecen ás persoas aprobadas, correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda de promoción interna, convocadas pola Orde PJC/104/2024, do 31 de xaneiro.

De conformidade co establecido na base décimo novena da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 15 de marzo), pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza, na base 8.1.a) da Orde PJC/104/2024, do 31 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado do 12 de febreiro), pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso por promoción interna no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza, e no Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza,

RESÓLVESE:

Primeiro. Facer pública, por orde alfabética de localidades, a relación de prazas desertas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I), que se lles ofrecen aos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de promoción interna, no corpo de xestión procesual e administrativa convocado pola Orde PJC/104/2024, do 31 de xaneiro.

Segundo. As solicitudes de destino dos aspirantes (anexo II) deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica PR004A, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.

Terceiro. As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución. No modelo de instancia deberanse solicitar, como mínimo, tantas prazas como número de opositor teña, é dicir, se, por exemplo, o número de opositor é o 21, débense pedir 21 prazas como mínimo, ou máis, se se ofertaron e se desexan solicitar, ata chegar ao número máximo de prazas ofertadas, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.

En caso de non corresponderlle ningún dos destinos especificados desta forma, por non solicitar un número suficiente de prazas, adxudicaráselle un destino seguindo a orde alfabética de localidades.

Cuarto. Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida na solicitude.

Quinto. Ningunha persoa aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude unha vez rematado o prazo da súa presentación.

Sexto. De non formular solicitude de prazas ou non corresponderlle ningunha das solicitadas, destinarase, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas por orde alfabética de localidades.

Sétimo. A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso, consonte a orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito a Comunidade Autónoma de Galicia.

Oitavo. Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente, para todos os efectos, aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste mentres non transcorresen dous anos desde a data da resolución na cal se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos, observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do tribunal de instancia competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Unidade

Denominación

Código do posto

Localidade

Provincia

Oficina de Xustiza de Cabana de Bergantiños

Xestión-Secretaría OXM (posto compatible coa oficina de xustiza)

XG9258400015014501.00

Cabana de Bergatiños

A Coruña

Servizo Común de Execución-Área Penal

Xestión-SCEX Penal

XG92583030150306012.00

A Coruña

A Coruña

missing image file