De conformidade co establecido na base décimo novena da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 15 de marzo), pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza, na base 8.1.a) da Orde PJC/150/2024, do 19 de febreiro (Boletín Oficial del Estado do 23 de febreiro), pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, por promoción interna, no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, e no Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza,
RESÓLVESE:
Primeiro. Facer pública, por orde alfabética de localidades, a relación de prazas desertas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I), que se lles ofrecen aos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de promoción interna, no corpo de tramitación procesual e administrativa convocado pola Orde PJC/150/2024, do 19 de febreiro.
Segundo. As solicitudes de destino dos aspirantes (anexo II) deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica PR004A, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.
Terceiro. As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución. No modelo de instancia deberanse solicitar, como mínimo, tantas prazas como número de opositor teña, é dicir, se, por exemplo, o número de opositor é o 21, débense pedir 21 prazas como mínimo, ou máis, se se ofertaron e se desexan solicitar, ata chegar ao número máximo de prazas ofertadas, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.
En caso de non corresponderlle ningún dos destinos especificados desta forma, por non solicitar un número suficiente de prazas, adxudicaráselle un destino seguindo a orde alfabética de localidades.
Cuarto. Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida na solicitude.
Quinto. Ningunha persoa aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude unha vez rematado o prazo da súa presentación.
Sexto. De non formular solicitude de prazas ou non corresponderlle ningunha das solicitadas, destinarase, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas por orde alfabética de localidades.
Sétimo. A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso, consonte a orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito a Comunidade Autónoma de Galicia.
Oitavo. Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente, para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste mentres non transcorran dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do tribunal de instancia competente no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO I
|
Unidade |
Denominación |
Código do posto |
Localidade |
Provincia |
|
Servizo Común de Tramitación do TI da Coruña-Área Civil, Familia, Infancia e Capacidade e Mercantil |
Tramitación-SCT TI Civil, Familia e Merc. |
XG92587010150307043.00 |
A Coruña |
A Coruña |
|
Servizo Común de Tramitación do TI de Pontevedra-Área Penal |
Tramitación-SCT TI Penal |
XG92587030360387021.00 |
Pontevedra |
Pontevedra |
