Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación, acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79, 1º, 32004, Ourense).
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previsto na lei.
Ourense, 5 de xuño de 2026
Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº expediente |
DNI/equivalente |
|
PR204A 2026/1372-3 |
44663409P |
|
PR204A 2026/1877-3 |
Y1828807E |
|
PR204A 2026/1954-3 |
44497572R |
|
PR204A 2026/1955-3 |
34272682Z |
|
PR204A 2026/2148-3 |
34973319W |
|
PR204A 2026/2150-3 |
45148645J |
|
PR204A 2026/2156-3 |
34973319W |
|
PR204A 2026/2164-3 |
34970519P |
