DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 25 de xuño de 2026 Páx. 36420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 5 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que notifica a resolución sobre o dereito de asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2026/244-3 e vinte e un máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, dentro do prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79, 1º, Ourense) e será resolta polo tribunal de instancia correspondente, que lle poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 5 de xuño de 2026

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A 2026/244-3

44490660N

44480390T

PR204A 2026/1304-3

45666754R

PR204A 2026/1367-3

34631050L

PR204A 2026/1368-3

44478445X

PR204A 2026/1443-3

34863827J

PR204A 2026/1446-3

X7908564Z

PR204A 2026/1671-3

71502478D

PR204A 2026/1672-3

47524600E

PR204A 2026/1732-3

36487714P

PR204A 2026/1741-3

34600765W

PR204A 2026/1749-3

44445368F

PR204A 2026/1770-3

84478445C

PR204A 2026/1816-3

76718132E

PR204A 2026/1857-3

44466587C

PR204A 2026/2050-3

34984476G

PR204A 2026/2090-3

49707239F

PR204A 2026/2117-3

44426644M

PR204A 2026/2194-3

49707625W

PR204A 2026/2195-3

49707625W

PR204A 2026/2199-3

49707625W

PR204A 2026/2257-3

444848837P

PR204A 2026/2278-3

49707625W