DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 25 de xuño de 2026 Páx. 36226

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a Resolución do 15 de xuño de 2026 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2026.

Pola Orde do 27 de febreiro de 2026 (DOG do 23 de marzo), a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2026.

O artigo 14 da dita orde establece que se constituirá unha comisión que será a encargada de comprobar as solicitudes e propoñer a distribución das axudas. Reunida esta comisión, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 13 da orde de referencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 15 de xuño de 2026 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2026, que se xunta a esta resolución no anexo.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Resolución do 15 de xuño de 2026 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2026

Pola Orde do 27 de febreiro de 2026 (DOG do 23 de marzo), a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2026.

Reunida a comisión prevista no artigo 14 da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 13 da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de nais e pais do alumnado e ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial relacionadas no anexo I.

Segundo. Excluír as ANPAS que figuran no anexo II.

Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán electronicamente, de acordo co establecido no artigo 17 da orde de convocatoria, dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo, ata o día 31 de outubro de 2026, a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas e/ou nóminas e acreditación documental de que se efectuou o seu aboamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 27 de febreiro de 2026 (DOG do 23 de marzo), pola que se convocan as axudas para o ano 2026.

A resolución, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ANEXO I

CIF

Confederación/Federación/ANPA EE

Beneficiario

Concello

Importe (€)

G15115165

Confapa (Confed. Galega ANPAS Centros Públicos)

Confederación

A Coruña

8.249,00

G70416557

Confederación ANPAS Galegas

Confederación

Santiago de Compostela

9.898,00

G15098114

Congapa

Confederación

Ourense

4.461,00

G15042617

Federación Provincial ANPAS Centros Públicos-FAPA Coruña

Federación Provincial

A Coruña

4.795,00

G70222195

Federación Centros Públicos Compostela

Federación Provincial

Santiago de Compostela

3.035,00

G27019140

Fapacel Federación Provincial ANPAS Centros Públicos

Federación Provincial

Lugo

3.555,00

G27043389

FAPA Lugo

Federación Provincial

Lugo

1.715,00

G32009037

Federación Provincial ANPAS Centros Públicos As Burgas

Federación Provincial

Ourense

3.435,00

G94202843

FEAPA Pontevedra

Federación Provincial

Vilagarcía de Arousa

1.855,00

G36020311

Federación Provincial ANPAS Centros Públicos-FANPA

Federación Provincial

Pontevedra

5.255,00

G32025538

Federación ANPAS Centros Privados e Concertados Ourense

Federación Provincial

Ourense

1.715,00

G36743946

Foanpas Federación ANPAS Olívica

Federación Comarcal

Vigo

2.707,00

G36822682

Federación de ANPAS do Val Miñor

Federación Comarcal

Gondomar

1.587,00

G36412039

FANPO Federación de ANPAS O Condado, Paradanta e Louriña

Federación Comarcal

Ponteareas

1.647,00

V15869431

ANPA CEE Elviña Aspanaes

ANPA EE

A Coruña

953,00

G15412026

ANPA CEE Terra de Ferrol

ANPA EE

Ferrol

953,00

G15747678

ANPA CEE Amicos

ANPA EE

Ribeira

953,00

G15874290

ANPA Colexio Duques de Lugo

ANPA EE

Santiago de Compostela

953,00

G27159425

ANPA CEE Santa María

ANPA EE

Lugo

953,00

G27220839

ANPA CEE Infanta Elena

ANPA EE

Monforte de Lemos

953,00

G32202798

ANPA CEE O Pino

ANPA EE

Ourense

953,00

G36130169

ANPA CEE Joaquina Sobrino

ANPA EE

A Guarda

953,00

G36753895

ANPA La Ilusión del Val Miñor

ANPA EE

Nigrán

953,00

G36152262

ACEESCA

ANPA EE

O Porriño

953,00

G36630614

ANPA CEE A Menela

ANPA EE

Vigo

953,00

G36131027

ANPA CEE Vilagarcía de Arousa

ANPA CEE

Vilagarcía de Arousa

953,00

G36024941

ANPA CEE Os Mecos

ANPA EE

Vilagarcía de Arousa

953,00

ANEXO II

Nome da ANPA

Concello

Causa da exclusión

ANPA A Granda

Cospeito

Non ser ANPA de educación especial

ANPA CEIP Virxe de Covadonga

Ourense

Non ser ANPA de educación especial

ANPA Manuel Murguía

Arteixo

Non ser ANPA de educación especial