DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 25 de xuño de 2026 Páx. 36505

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da convocatoria do procedemento para a provisión, mediante o sistema de libre designación, do posto directivo de xefe/a do Órgano de Xestión Económica e Orzamentaria.

Mediante o Decreto da Alcaldía do 16 de abril de 2026 (Resolución núm. 2026004044), aprobáronse as bases e a convocatoria do procedemento para a provisión, mediante o sistema de libre designación, do posto directivo de xefe/a do Órgano de Xestión Económica e Orzamentaria do Concello de Ourense (posto nº 260 da RPT vixente).

As bases íntegras da convocatoria publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 87, do 12 de maio de 2026, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 15 de maio de 2026

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde