De conformidade co establecido na cláusula décima das bases que regulan o proceso de selección para a cobertura dunha praza de peón/peoa de parques e xardíns, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, incluída na oferta de emprego público (OEP) do Concello de Cervo para o exercicio 2025, aprobada pola Resolución da Alcaldía núm. 1193/2025, do 19 de novembro de 2025, e publicada no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 271, do 25 de novembro de 2025, faise público que mediante o Decreto de Alcaldía núm. 2026/0533, do 9 de xuño de 2026, resolveuse proceder á contratación, como persoal laboral fixo para prestar servizos na praza de peón/peoa de parques e xardíns do Concello de Cervo, grupo profesional AP, con xornada a tempo completo, do seguinte aspirante:
Xian Óscar Bello Neo, con NIF **2847***.
A formalización do preceptivo contrato laboral deberase producir, en todo caso, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados dende o día seguinte ao da notificación da proposta e publicación da mesma na sede electrónica do Concello de Cervo http://cervo.sedelectronica.es
Cervo, 10 de xuño de 2026
María Dolores García Caramés
Alcaldesa
