De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade, do 10 de febreiro de 2026 (BOE do 21 de febreiro), modificación desta mediante a Resolución reitoral do 13 de marzo de 2026 (BOE do 19 de marzo), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,
Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberán efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 12 de xuño de 2026
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
|
Código |
TU2502-T06-505-TU-TC-01 |
|
Corpo |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento |
A0505 Enxeñ. Cartográf., Xeodés. e Fotogramet. |
|
Departamento |
D00T06 Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente |
|
Centro de traballo |
309 Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía |
|
DNI |
***9792** |
|
Nome e apelidos |
María Mercedes Solla Carracelas |
