De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade, do 23 de decembro de 2025 (DOG do 16 de xaneiro de 2026), corrixidos erros mediante a Resolución reitoral do 28 de xaneiro de 2026 (DOG do 5 de febreiro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.
Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato polas persoas interesadas, que se deberá realizar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 12 de xuño de 2026
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
|
Código |
PPL2501-X03-135-PPL-TC-01 |
|
Corpo |
Profesor/a permanente laboral |
|
Área de coñecemento |
A0135 Dereito Constitucional |
|
Departamento |
D00X03 Dereito Público |
|
Centro de traballo |
308 Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo |
|
DNI |
***5455** |
|
Nome e apelidos |
Pablo Riquelme Vázquez |
