Está en trámite unha concesión administrativa a favor de Iberdrola clientes, S.A.U., para a ocupación do dominio público portuario de Muxía para os efectos de instalar un cargador de vehículos eléctricos e dúas prazas de aparcamento, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 26 de marzo de 2026 con base no documento técnico Proxecto de actividade de prestación de servizos de recarga de vehículos eléctricos en portos de Galicia, asinado o 25 de marzo de 2025 polo enxeñeiro técnico industrial, F. Javier Taberner Sanchís, colexiado nº 8654.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 19 de maio de 2026
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
