Está en trámite unha concesión administrativa a favor de Iberdrola Clientes, S.A.U., para a ocupación do dominio público portuario para a instalación dun servizo de carga de vehículos eléctricos, no porto da Pobra do Caramiñal, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 14 de xaneiro de 2026 con base no documento técnico Proxecto de actividade de prestación de servizos de recarga de vehículos eléctricos en portos de Galicia, asinado en marzo de 2025 polo enxeñeiro técnico industrial F. Javier Taberner Sanchís, colexiado nº 8654.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 22 de xaneiro de 2026
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
