De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de desestimación do recoñecemento de dereitos de cobramento efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, de clave AC/06/140.01.75 e AC/10/140.01.75, no concello de Coristanco.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A Coruña, 9 de xuño de 2026
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
|
Clave de obra |
Predio |
Referencia catastral |
Persoa interesada |
|
AC/06/140.01.75 |
227 |
15029A010003640000DW |
33023043B |
|
AC/06/140.01.75 |
227 |
15029A010003640000DW |
32386979N |
|
AC/10/140.01.75 |
227-CO |
15029A010003640000DW |
33023043B |
|
AC/10/140.01.75 |
227-CO |
15029A010003640000DW |
32386979N |
