DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0228/2025-TRA e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0228/2025-TRA e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 9 de xuño de 2026

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

PSC-FE-0228/2025-TRA

76367989P

Resolución

PSC-FE-0236/2025-PRE

47354342X

Resolución

PSC-FE-0237/2025-V

39463791T

Resolución

PSC-FE-0245/2025-PPM

46904751T

Resolución

PSC-FE-0249/2025-V

76969532D

Resolución

PSC-FE-0267/2025-PPM

32709766V

Resolución

PSC-FE-0270/2025-PPM

32665890W

Resolución