DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de maio de 2026, da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública un trámite de competencia de peticións para uso común especial do dominio público hidráulico no concello de Vila de Cruces (expediente DH.W36.97978).

En cumprimento do previsto no artigo 75.2 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise pública a apertura dun trámite de competencia de peticións para uso común especial do dominio público hidráulico, que deriva da solicitude de autorización coas seguintes características:

Solicitante: Agolada Clube Náutico.

DNI: ***7715**.

Expediente: DH.W36.97978.

Lugar: encoro de Portodemouros.

Parroquia: Arnego (Santa María).

Concello: Vila de Cruces (Pontevedra).

Solicítase a instalación dunha pista de esquí náutico, para adestramentos e probas deportivas. A pista de esquí constará de varias aliñacións de boias suxeitas por unha corda e fondeadas, que serven para marcar o percorrido que realizarán os esquiadores. As boias estarán situadas ocupando unha lonxitude de 250 m e unha anchura de 23 m.

De conformidade co exposto no artigo 75 do Regulamento do dominio público hidráulico, o Servizo Territorial Galicia Centro de Augas de Galicia (con enderezo na rúa Tomiño núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela) abre con este anuncio un prazo de 20 días para que o peticionario presente a súa petición concreta e o documento técnico correspondente. Durante este prazo poderanse presentar outras peticións en competencia neste ámbito.

As peticións deberán presentarse cunha instancia coa solicitude para ser admitida á competencia e referir a clave do expediente indicada neste anuncio. Consideraranse oficinas hábiles para a recepción de documentación as así establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2026

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro