En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A36.15025 e catro máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A36.15025 |
Gaesco, S.L. |
350 m3 |
Pozo de barrena |
Uso sanitario e limpeza do garaxe |
L: San Amaro |
|
DH.A36.15009 |
María Fortes Lois |
299 m3 |
Dous mananciais |
Doméstico |
L: Valongo |
|
DH.A36.14853 |
Anabel Piñeiro Portas |
12.930 m3 |
Dous pozos |
Rega |
L: Valboa |
|
DH.A36.11801 |
José Rial Soto |
2.555 m3 |
Dous pozos |
Granxa avícola |
L: Chousa Grande/Fonteboa |
|
DH.A36.14225 |
Explotacións Porcinas Achacán, S.C. |
35.679 m3 |
Manancial e dous pozos |
Abastecemento |
L: Achacán |
