DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36835

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Aira, S.Coop.Galega

ANUNCIO de fusión por absorción.

A sociedade cooperativa agraria de primeiro grao Aira, S. Coop. Galega, con domicilio en Taboada (Lugo), Parque Empresarial de Taboada, s/n, 27550, con CIF F27317593, comunica, en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que en asemblea xeral ordinaria do 18 de xuño de 2026 acordou a fusión por absorción da Cooperativa Codeira, S. Coop. Galega, resultando esta última a sociedade absorbida. A cooperativa resultante denominarase Aira, S. Coop. Galega.

Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Taboada, 18 de xuño de 2026

José Ramón Ratón Varela
Presidente Aira, S. Coop. Galega