A sociedade cooperativa agraria de primeiro grao Codeira, S. Coop. Galega, con domicilio social en Portomarín (Lugo), Narón, s/n, código postal 27213, con NIF número F-27022797, comunica, en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, que na súa asemblea xeral ordinaria que tivo lugar o 28 de maio de 2026 acordou a súa fusión por absorción coa cooperativa Aira, S. Coop. Galega, e é esta última a entidade absorbente. A cooperativa resultante denominarase Aira, S. Coop. Galega.
Os acredores terán dereito de oposición nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.
Portomarín, 28 de maio de 2026
Iván García Rubín
Presidente de Codeira, S. Coop. Galega
