Polo presente anuncio faise público que o 3 de xuño de 2026 se ditou o Decreto número 2026-0831, polo que se rectifica e substitúe o texto da Resolución/Decreto número 2026-0813, de notificación do 1 de xuño de 2026, co fin de adaptar o seu contido á normativa vixente en materia de competencia sancionadora, conforme a modificación introducida pola Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, en vigor desde o 1 de xaneiro de 2026.
En consecuencia, publícase o texto actualizado da resolución, que queda redactado nos seguintes termos:
«Resolución do concelleiro delegado de Servizos Sociais e Medio Ambiente:
Notificación ás persoas titulares descoñecidas, con enderezo descoñecido ou notificación infructuosa para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e a retirada de especies arbóreas
Esta concellería, no exercicio das súas funcións e facendo uso das facultades que lle confiren a lexislación vixente e a Resolución do 23 de xaneiro de 2024, emite a seguinte resolución:
De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que se ignora o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non poida practicarse a notificación da comunicación por causas non imputables a esta Administración, ponse de manifesto o incumprimento polas persoas responsable que a continuación se indican da súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta de inspección |
Ref. catastral |
Localización/polígono/parcela |
Persoa responsable |
|
12.11.2025 |
36055A03100119 |
Páramos (San Xoán), Tui, Pontevedra 031 00119 |
José Gómez Rodríguez |
|
25.11.2025 |
36055A03600487 |
Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra 036 00487 |
Alejandro Ocampo |
|
26.11.2025 |
36055A03600314 |
Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra 036 00314 |
Alejandro Ocampo Méndez |
|
26.11.2025 |
36055A03600334 |
Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra 036 00334 |
Descoñecida |
|
28.11.2025 |
36055A03500829 |
Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra 035 00829 |
Hros. María Raquel Fernández Lameiro |
|
1.12.2025 |
36055A03500764 |
Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra 035 00764 |
Hros. María Raquel Fernández Lameiro |
|
1.12.2025 |
36055A03500767 |
Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra 035 00767 |
Hros. Francisco Pérez Martínez |
|
1.12.2025 |
36055A03500763 |
Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra 035 00763 |
Hros. Francisco Pérez Martínez |
|
4.12.2025 |
36055A02500531 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 025 00531 |
Hros. Prudencio Domínguez Torres |
|
4.12.2025 |
36055A02500526 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 025 00526 |
Descoñecida |
|
4.12.2025 |
36055A02500528 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 025 00528 |
Descoñecida |
|
10.12.2025 |
36055A05600330 |
Randufe (A Guía) (Santa María), Tui, Pontevedra 056 00330 |
Hros. Isolina Domínguez Hermida |
|
10.12.2025 |
36055A05600327 |
Randufe (A Guía) (Santa María), Tui, Pontevedra 056 00327 |
Hros. Rosa Stella Ramos Crespo |
|
10.12.2025 |
36055A05600293 |
Randufe (A Guía) (Santa María), Tui, Pontevedra 056 00293 |
Descoñecida |
|
10.12.2025 |
36055A05600287 |
Randufe (A Guía) (Santa María), Tui, Pontevedra 056 00287 |
Hros. José Martínez González |
|
11.2.2026 |
36055A06600030 |
Malvas (Santiago), Tui, Pontevedra 066 00030 |
Hros. Manuel Martínez González |
|
28.1.2026 |
36055A07800265 |
Areas (Santa Mariña), Tui, Pontevedra 078 00265 |
Miguel López Rodríguez |
|
28.1.2026 |
36055A07800266 |
Areas (Santa Mariña), Tui, Pontevedra 078 00266 |
Miguel López Rodríguez |
|
29.1.2026 |
36055A07800267 |
Areas (Santa Mariña), Tui, Pontevedra 078 00267 |
Alicia Diz Solleiro |
|
29.1.2026 |
36055A07800268 |
Areas (Santa Mariña), Tui, Pontevedra 078 00268 |
Descoñecida |
|
30.1.2026 |
36055A07800237 |
Areas (Santa Mariña), Tui, Pontevedra 078 00237 |
Hros. Francisco Martínez Guerra |
|
30.1.2026 |
36055A07800236 |
Areas (Santa Mariña), Tui, Pontevedra 078 00236 |
Manuel Álvarez Alonso |
|
2.2.2026 |
36055A07800230 |
Areas (Santa Mariña), Tui, Pontevedra 078 00230 |
Hros. Matilde Regina Acuña Lago |
|
3.2.2026 |
36055A07800226 |
Areas (Santa Mariña), Tui, Pontevedra 078 00226 |
Manuel Fernández Alonso |
|
3.2.2026 |
36055A07800223 |
Areas (Santa Mariña), Tui, Pontevedra 078 00226 |
Hros. Manuel Guinde Benavides |
|
12.2.2026 |
36055A01800395 |
Malvas (Santiago), Tui, Pontevedra 018 00395 |
Hros. José Gonda Pérez |
|
12.2.2026 |
36055A01800394 |
Malvas (Santiago), Tui, Pontevedra 018 00394 |
Hros. Sabina Pumar Martínez |
|
12.2.2026 |
36055A01800391 |
Malvas (Santiago), Tui, Pontevedra 018 00391 |
Descoñecida |
|
12.2.2026 |
36055A05900168 |
Malvas (Santiago), Tui, Pontevedra 059 00168 |
Alfonso Pumar Rodríguez |
|
24.2.2026 |
36055A06500052 |
Malvas (Santiago), Tui, Pontevedra 065 00052 |
María Fernández García |
|
24.2.2026 |
36055A06500048 |
Malvas (Santiago), Tui, Pontevedra 065 00018 |
Descoñecida |
|
24.2.2026 |
36055A06500043 |
Malvas (Santiago), Tui, Pontevedra 065 00043 |
María Fernández García |
|
16.3.2026 |
36055A04501080 |
Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra 045 01080 |
Descoñecida |
|
16.3.2026 |
36055A04500318 |
Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra 045 00318 |
Descoñecida |
|
16.3.2026 |
36055A04500319 |
Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra 045 00319 |
Hros. Edicta González Alonso |
|
23.3.2026 |
36055A04000231 |
Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra 040 00231 |
Hros. Domingo da Cunha Muñoz |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, a obriga de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.
2º. Comunicar a obrigación de poñer en coñecemento do concello o inicio e a realización dos traballos de xestión. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.
3º. Advertir que en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, se poderán impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900,00 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100,00 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
4º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Procederase á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento no que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
ha afectadas por execución subsidiaria |
Estimación prezo por ha |
Liquidación provisional |
|
2025/36055A03100119 |
36055A03100119 |
0,079 |
3.545,82 € |
283,15 € |
|
2025/36055A03600487 |
36055A03600487 |
0,028 |
3.545,82 € |
99,73 € |
|
2025/36055A03600314 |
36055A03600314 |
0,020 |
3.545,82 € |
71,16 € |
|
2025/36055A03600334 |
36055A03600334 |
0,014 |
3.545,82 € |
51,12 € |
|
2025/36055A03500829 |
36055A03500829 |
0,054 |
3.545,82 € |
193,74 € |
|
2025/36055A03500764 |
36055A03500764 |
0,017 |
3.545,82 € |
61,50 € |
|
2025/36055A03500767 |
36055A03500767 |
0,035 |
3.545,82 € |
124,45 € |
|
2025/36055A03500763 |
36055A03500763 |
0,017 |
3.545,82 € |
60,56 € |
|
2025/36055A02500531 |
36055A02500531 |
0,315 |
3.545,82 € |
111,66 € |
|
2025/36055A02500526 |
36055A02500526 |
0,020 |
3.545,82 € |
74,11 € |
|
2025/36055A02500528 |
36055A02500528 |
0,028 |
3.545,82 € |
101,93 € |
|
2025/36055A05600330 |
36055A05600330 |
0,028 |
3.545,82 € |
102,59 € |
|
2025/36055A05600327 |
36055A05600327 |
0,059 |
3.545,82 € |
210,14 € |
|
2025/36055A05600293 |
36055A05600293 |
0,089 |
3.545,82 € |
317,39 € |
|
2025/36055A05600287 |
36055A05600287 |
0,059 |
3.545,82 € |
209,19 € |
|
2026/36055A06600030 |
36055A06600030 |
0,071 |
874,91 € |
62,47 € |
|
2026/36055A07800265 |
36055A07800265 |
0,162 |
3.545,82 € |
575,56 € |
|
2026/36055A07800266 |
36055A07800266 |
0,012 |
3.545,82 € |
43,74 € |
|
2026/36055A07800267 |
36055A07800267 |
0,015 |
3.545,82 € |
54,42 € |
|
2026/36055A07800268 |
36055A07800268 |
0,014 |
3.545,82 € |
51,33 € |
|
2026/36055A07800237 |
36055A07800237 |
0,109 |
3.545,82 € |
388,48 € |
|
2026/36055A07800236 |
36055A07800236 |
0,085 |
3.545,82 € |
302,24 € |
|
2026/36055A07800230 |
36055A07800230 |
0,052 |
3.545,82 € |
184,90 € |
|
2026/36055A07800226 |
36055A07800226 |
0,085 |
3.545,82 € |
304,06 € |
|
2026/36055A07800223 |
36055A07800223 |
0,272 |
3.545,82 € |
965,98 € |
|
2026/36055A01800395 |
36055A01800395 |
0,071 |
3.545,82 € |
252,89 € |
|
2026/36055A01800394 |
36055A01800394 |
0,050 |
3.545,82 € |
178,14 € |
|
2026/36055A01800391 |
36055A01800391 |
0,012 |
3.545,82 € |
44,98 € |
|
2026/36055A05900168 |
36055A05900168 |
0,042 |
3.545,82 € |
149,10 € |
|
2026/36055A06500052 |
36055A06500052 |
0,134 |
3.545,82 € |
473,63 € |
|
2026/36055A06500048 |
36055A06500048 |
0,101 |
3.545,82 € |
358,96 € |
|
2026/36055A06500043 |
36055A06500043 |
0,163 |
3.545,82 € |
578,44 € |
|
2026/36055A04501080 |
36055A04501080 |
0,041 |
3.545,82 € |
146,47 € |
|
2026/36055A04500318 |
36055A04500318 |
0,012 |
3.545,82 € |
45,93 € |
|
2026/36055A04500319 |
36055A04500319 |
0,029 |
3.545,82 € |
105,10 € |
|
2026/36055A04000231 |
36055A04000231 |
0,062 |
3.545,82 € |
221,29 € |
5º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, en que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellaría con competencias na materia de incendios forestais por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
No caso das infraccións recollidas no artigo 50.2, números 1), 2) e 3), serán competentes para incoar o procedemento sancionador os servizos de inspección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística correspondentes por razón do territorio, de acordo coa súa estructura orgánica.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados co disposto no número 1 na materia de incendios forestais: a) A persoa titular do departamento territorial da consellería competente na materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves. b) O órgano competente en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves. c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves. d) No caso das infraccións recollidas no artigo 50.2, números 1), 2) e 3), será competente a persoa titular da dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderá á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.
4. No caso das infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable a adhesión á Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística producirá a atribución a esta das competencias sancionadoras dos municipios integrados, de acordo co que se estableza nos correspondentes convenios de adhesión. Estas competencias exerceranse por delegación, de acordo co establecido na lexislación aplicable á axencia.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
6º. No caso de persistir no incumprimento as obrigas de xestión para os anos seguintes, deberá estar completada antes do primeiro día de abril.
7º. O texto íntegro da comunicación estará á disposición das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello de Tui.
8º. Informar de que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer os seguintes recursos en aplicación dos artigos 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza:
• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta notificación.
• Contencioso-administrativo, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, se non se interpuxer o de reposición. Se se interpuxer este último, o prazo de dous meses empezará a contar desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.
• Calquera outro que considere conveniente baixo a súa responsabilidade.
9º. Dar traslado desta resolución ao Pleno Corporativo na vindeira sesión que se celebre».
Tui, 3 de xuño de 2026
O alcalde
P.D. (Acordo do 23.1.2024)
Ismael Diz Garrido
Concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente
