DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2026, por promoción interna.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 28 de maio de 2026, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Ourense, correspondente ao exercicio 2026, por promoción interna.

A oferta de emprego público completa pode consultarse no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 103, do 3 de xuño de 2026, e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense.

O que se fai público advertindo que contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses. Os prazos indicados computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Non se poderán interpoñer simultaneamente ambos os recursos. Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada poderá interpoñer calquera outro recurso que considere procedente.

Ourense, 4 de xuño de 2026

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente