A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 111/26, en relación coa Resolución do 11 de decembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 38 do grupo I, na categoría 39 do grupo II, na categoría 100 do grupo III, nas categorías 32 e 33 do grupo IV e nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados polas ordes do 18 de febreiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número núm. 245, do 27 de decembro).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala.
E así se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove (9) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
