DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de xuño de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión de esbozo do monte veciñal en man común Chairos, Toxedo e Cataláns, no concello de Manzaneda.

Examinada a solicitude de revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Chairos, Toxedo e Cataláns, pertencente á comunidade de montes veciñais en man común de San Miguel, no concello de Manzaneda, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 29.8.2025, a CMVMC de San Miguel presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/2362027) de revisión do esbozo do MVMC Chairos, Toxedo e Cataláns, no concello de Manzaneda.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 27.7.2025.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 31 de outubro de 2025 en relación coa citada solicitude. A revisión do esbozo solicitada comprende as partes lindeiras con particulares.

A superficie do MVMC Chairos, Toxedo e Cataláns, unha vez modificado o esbozo, sería de 258,33 ha fronte ás 236 do acordo de clasificación, o que supón un incremento do 9,5 %.

Tendo en conta o anterior, emítese o informe favorable sobre revisión do esbozo solicitada.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser revisados axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 31 de outubro de 2025, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade, o día 23 de febreiro de 2026:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Chairos, Toxedo e Cataláns, pertencente á CMVMC de San Miguel, no concello de Manzaneda.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso- administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 8 de xuño de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file