Mediante a Resolución do 11 de xuño de 2026 (DOG núm. 110, do 15 de xuño) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro).
En vista dos recursos presentados contra a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para este proceso selectivo,
DISPOÑO:
Modificar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica.
A listaxe con estas modificacións poderase consultar no portal web corporativo: funcionpublica.xunta.gal
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
