BDNS (Identif.): 914773.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/914773
Primeiro. Persoas beneficiarias
Persoas proxenitoras e as persoas titoras ou representantes legais do alumnado matriculado no curso 2025/26, nos niveis de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Especial dos centros docentes sustentados con fondos públicos non universitarios do alumnado usuario dun comedor escolar non xestionado nin directa nin indirectamente pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (código de procedemento ED601C).
Segundo. Obxecto
Axudas económicas ás familias do alumnado matriculado en niveis de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Especial pola utilización do comedor escolar non xestionado directa nin indirectamente pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 22 xuño de 2026 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica ás familias usuarias dos comedores escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos non xestionados por esta consellería e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2025/26 (código de procedemento ED601C).
Cuarto. Contía
Importe total da convocatoria: 2.800.000,00 €.
A axuda consistirá nunha achega económica dun pagamento único de 150 € por cada filla ou fillo usuaria/o do comedor escolar.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase transcorridos 8 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG e será dun mes.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
