DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Coles (expediente IN407A 2026/067-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Adecuación do CT Neboade-32C987.

Situación: lugar de Neboade, concello de Coles.

Características principais recollidas no proxecto:

– Desmonte do tramo da LMTA VLL810 existente entre o apoio núm. D42-13-2 e o centro de transformación Neboade-32C987, que tamén se desmonta.

– Instalación dun novo apoio (núm. D42-13-2), de celosía metálica, do tipo C-12/2000, no cal se instala un novo centro de transformación á intemperie con transformador de 160 kVA e R/T 20.000/400 V.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 7.5.2026.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1-3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
Mercedes Rodríguez Iglesias
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2026/067-3.

Situación: lugar de Neboade, concello de Coles.

Denominación: Adecuación do CT Neboade-32C987.

Predio núm. en proxecto: 1.

Referencia catastral: 32027A026000170000OS.

lugar: Neboade.

Cultivo: labradío.

Titular: herdeiros de Lucía Vázquez Vázquez.

Afeccións: ocupación de 2 m² para o apoio núm. D42-13-2-CT e de 12 m² para a servidume de paso.