En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: Instalación dun reconectador TC no apoio número 65-10 da LMTA ALB804.
Situación: lugar da Ponte, San Clodio, concello de Leiro.
Características principais recollidas no proxecto:
– Substitución, na LMTA ALB804, do apoio número 65-10, do tipo HVH, por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-14/2000, no cal se instala un reconectador telecontrolado. Substitución do condutor existente entre o novo apoio número 65-10 e o apoio existente número 65-11 por 133 m de condutor LA-110.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado número 2.233 do COETICOR, o 20.5.2026.
2. A relación concreta e individualizada das persoas propietarias de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O anterior faise público para o coñecemento xeral, así como, en particular, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
Mercedes Rodríguez Iglesias
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Número de expediente: IN407A 2026/068-3
Situación: lugar da Ponte, San Clodio, concello de Leiro
Denominación: instalación dun reconectador TC no apoio número 65-10 da LMTA ALB804
Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32041A034000220000KD.
Lugar: Francos
Cultivo: monte baixo.
Persoa titular: descoñecida.
Afeccións ocupación de 2 m² para o apoio número 65-10.
