Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Nova subestación Abegondo 220 kV, no concello de Abegondo (expediente IN407A 2023/059-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa consistorial do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 10 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/059-1.
Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.
Denominación da instalación: nova subestación Abegondo 220 kV.
Concello: Abegondo.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
4 |
Carpián |
15001A03400119 |
José Lagares Souto |
30.7.2026 |
10.00 |
|
5 |
Carpián |
15001A03400122 |
Herdeiros de María Vidal Pérez |
30.7.2026 |
10.00 |
|
6 |
Carpián |
15001A03400123 |
Herdeiros de María Concepción Rodríguez Mazas |
30.7.2026 |
10.00 |
|
7 |
Carpián |
15001A03400124 |
José Bahamonde Insua |
30.7.2026 |
10.00 |
|
9 |
Carpián |
15001A03400126 |
Manuel Codesal Blanco |
30.7.2026 |
10.20 |
|
10 |
Carpián |
15001A03400127 |
Teresa Gómez Bello |
30.7.2026 |
10.20 |
|
11 |
Carpián |
15001A03400128 |
Isabel Vázquez Castro |
30.7.2026 |
10.20 |
|
12 |
Carpián |
15001A03400139 |
Manuel Louzao Rodríguez |
30.7.2026 |
10.20 |
