DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36714

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2026 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos.

Mediante a Resolución da Xerencia, do 12 de maio de 2026 (DOG núm. 94, do 22 de maio) convócase a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se relaciona no anexo desta resolución.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 19 do Regulamento de mobilidade de persoal de administración e servizos da USC, emitiuse informe motivado por parte do xerente en relación co posto convocado. Neste informe especifícanse tanto os criterios de interese xeral considerados como prioritarios para decidir o nomeamento como os méritos e capacidades que a persoa candidata proposta reúne para o desempeño do posto de traballo.

Acreditado o seguimento do procedemento, así como o cumprimento por parte da candidata dos requisitos e especificacións exixidos na convocatoria, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 8 de maio de 2026 (DOG do 20 de maio),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, efectuada pola Resolución da Xerencia do 12 de maio de 2026, e adxudicarlle o posto convocado á funcionaria que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de rematar o prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública; neste caso, a interesada queda obrigada a comunicarllo á Xerencia no prazo de tres días.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria do posto reingrese ao servizo activo, o prazo para a toma de posesión será dun mes.

Cuarto. O prazo para a toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas de maternidade ou paternidade concedidos á persoa interesada. Igual tratamento terán os supostos de incapacidade temporal, nos cales o cómputo do prazo posesorio se iniciará a partir da correspondente alta.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 8.5.2026; DOG do 20 de maio)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: Secretaría de Dirección. Unidade de Xestión Administrativa da Xerencia.

Número de praza: PF000287.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 10.898,44.

Xornada: mañá.

Localidade: Lugo.

Apelidos e nome: Vázquez García, María Luisa.

DNI: ***4251**.